Translate

miércoles, 16 de diciembre de 2020

CHRISTMAS JUMPER DAY!!!!

CHRISTMAS JUMPER DAY


Estimadas familias:

Este ano, dada a situación especial que estamos a vivir, non poderemos  celebrar o noso xa tradicional Christmas Market. Pero non queremos deixar de ter nestas datas algún xesto solidario.

Por iso, poñémonos en contacto con vós dende o centro e dende Save the Children, para invitarvos a participar na iniciativa solidaria Christmas Jumper Day de Save the Children, co obxectivo de implicar ao alumnado da escola, xunto con vós, nun proxecto educativo, de Nadal e solidario obtendo como resultado final que os nenos celebren este Nadal á vez que axudan a miles de nenos coma eles que loitan por sobrevivir e estar protexidos.

Organizaremos a actividade Christmas Jumper Day o martes 22 de decembro, que consiste en vestirse cun xersei con motivos de Nadal, que pode ser mercado ou adornado na casa. Elixiremos en cada clase o xersei máis divertido.

Queremos ter unha xornada lúdica, solidaria e divertida onde os nenos sexan os protagonistas, e as familias aporten a cantidade que consideren a modo de donación. ¡Non hay cantidades pequenas, todas son importantes! A recaudación irá dirixida a combatir a neumonía infantil na República Democrática do Congo, e será remitida polo centro a Save the Children.

Grazas pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentar sin reparos todo lo que consideres y necesites. Estaremos encantados de leeros.